Sunday, November 01, 2009



O MUNDO DO APARENTE


Benvidos á occidentalizada sociedade do século XXI. Sumerxámonos neste océano de mentiras e hipocresía e abracemos o tan ansiado euro. Lapidemos ó adversario pero sorrindo, ante todo aparentemos. Qué gratificante acadar poder, sentirse importante, os escrúpulos e a humanidade, xa son outro tema. A meritocrática Era na que estamos instalados, que ten como estandarte o laissez-faire, promove a cotió esa necesidade de ascender socialmente a toda costa. Promocionarse é moi lícito, pero seríao máis se non figurara como un dos requisitos implícitos a lapidación dos demáis. ¿Ubi sunt os sentimentos de certa nobreza que todos albergabamos nalgún momento do noso percorrido vital? Lonxe quedaron, tanto que para vislumbralos é preciso facer un arduo exercicio de retrospeción. Os sentimentos de envexa da propiedade privada e dos bens materiais alleos, non son algo novidoso, o exacerbado minifundismo galego e os pleitos interveciñais por un anaco de terreo, a todos nos son dabondo coñecidos. Nestas ocasións cabe preguntase ónde queda a catadura moral da maior parte da xente, porque se o valor das persoas radica en convertirse en subproductos da sociedade consumista ou futuros pseudopolíticos como os do caso Gürtel, aprendices de caciques, mal imos. Qué bonito é o mundo!Para desestresarse de tanto aparentar, pode un plantexarse ir a escoitar unha orquesta na época estival, pero incluso para iso hai que ser selectivo, corres o risco de escoltar cancións cunha mensaxe tan recomendable á par que conmovedora como “farlopa para la tropa”, sí señor, contentando á plebe! Clasismo ante todo e desprezo da escala social inferior, que maneira máis íntegra de autoreafirmarse . E se o do lado ten ideas diferentes ás túas rápidamente danse as descalificacións mutuas, que lle dan máis empuxe as argumentacións, claro que sí, c´est la vie. Sobrevivir cando á mínima atacánche á yugular tornase complicado a cotió. Oxalá fixeran manuais para iso, pero como para todo na vida, para isto non valen os consellos dos avós, tan só serve o duro golpe que recibes cando tropezas nesas pedras que por obstinación desexas pisar pero que non cadran contigo, son tan lisiñas como as que se usan para facer filloas, de modo que esbaras sí ou sí. Quizais se volveramos ó estado de natureza concebido como pouco recomendable polo filósofo Hobbes sentiriamonos mellor, eu decántome máis pola utópica visión de Rousseau no Contrato Social, aínda que pedir que se acade iso pode que sexa pedir demasiado (como diría Sabina). Pero un ápice máis de civismo non nos viría mal á maioría, os grandes persoeiros da historia como Gandhi ou Martin Luther King poñíano en práctica pero vese que emular a ambición desmesurada de ladróns como Mario Conde é mais estimulante. Triste realidade, caer da burra non sempre é sinxelo. Como se dicía na peli El Club de la Lucha “o que posees acabará poseendote”.


IRIS

0 comments: