TEMPUS FUGIT PARA O GALEGO
Un de marzo de 2009. Comeza a Apocalipse. Non estamos a falar dun novo Big Bang, referímonos á Era Feijoniana. Como ocorre cos nacementos, o recén electo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, vén cun pan baixo o brazo: a maioría absoluta restaurada trala paréntese do bipartito. E, para alegría colectiva, cunha piñata de regalos en forma de sorpresas para todos nós, que coma Alberto, nos sentimos galegofalantes. Dende a toma de posesión celebrada o dezaoito de abril, Feijóo sostivo con firmeza a empuñadura coa que vai derrogar o Decreto do Galego e instaurar unha sociedade “harmónica”, segregacionista (unha especie de emulación do apartheid á galega: separación por cuestións idiomáticas en tódolos centros) e como todos ben sabemos, respetuosa coa lingua propia. Qué sutil é este gabinete promovendo e dignificando o idioma. Ata tal punto, que (debo ser escéptica) parece que a trata de asoballar ata límites insospeitados. Para esta aventura, esta enrarecida loita polo galego, conta coa inestimable compañía dos guerreiros máis“valentes” e cínicos: o Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez e a Plataforma Galicia Bilingüe, que por dicilo dunha maneira eufemística, mantén co Partido Popular de Galicia, unha relación máis alá do estrictamente profesional (se entendemos por isto o que debería ser propio dunha democracia relativamente sa, a separación dos lobbies ou grupos de presión o máximo posible do executivo situado en San Caetano). Ergueranse dos seus cadaleitos triunfantes Castelao, Celso Emilio Ferreiro ou Curros para vitorear a este noso Mesías do idioma? Probablemente o fagan. Pero volverán ser soterrados, nesta ocasión tinguidos de negro. E é que están de loito, non por eles mesmos, senon pola lingua. Choran taciturnos porque o galego xa non ten patria, e Galiza xa non ten alma. Tan só conserva vestixios anticuados, que agora, na Galicia feijoniana, non teñen cabida. Unha marea negra como o Prestige levounos lonxe, a un lugar no que non existe a cuestión identitaria, onde proliferan os borregos e no que plantexarse cuestións de autodefinición e de expectativas de futuro en clave de País é vivir nun mundo paralelo. Sería subir repentinamente moitos peldaños dunha escaleira que Madrid non coloca e que Galiza non reclama. Mentres os galeguistas chorarán internamente, como o fai quen xa verteu demasiadas bágoas por un anaquiño verdoso que baila muiñeiras e que ten rías repletas de bo marisco (segundo a visión non manifestada, pero implícita no discurso do PP galego) un partido, que por moito que nos pese, está respaldado pola maior parte do electorado. Un Partido Popular que non latexa con Galiza, que únicamente segue os biorritmos do autoodio autóctono que nos mata paseniñamente.
IRIS.

0 comments:
Post a Comment